O noso deporte do montañismo sofre estes días un zarpazo máis. O ata fai pouco Director Técnico da Federación Galega de Montañismo, Sechu López, presentou a súa dimisión ao presididente Xosé Lois Freixeiro.
É impresionante como unha persoa que demostrou tanto, tanto, tanto… como presidente do Club Montañeiros Celtas de Vigo (un dos Clubs máis importantes de Galicia), chega a unha entidade como a Federación Galega de Motañismo (que en principio ten máis recursos, contactos, obxectivos,…) e de repente non se ven os seus frutos como antes…. Por que será?
- Será porque a poltrona de ser directivo da FGM é demasiado cómoda e mullida?
- Será porque a crisis económica afecta a todos os sectores da vida e tamén á FGM?
- Será porque non está rodeado do mesmo equipo humano na directiva da FGM que na directiva do Club Montañeiros Celtas?
- Será porque a capacidade directiva quedóuselle mermada ao estar baixo unha presidencia como a de Xosé Lois Freixeiro, pouco innovadora e aberta?
- Será porque nomear a Sechu López Director Técnico da FGM era unha estratexia de márketing da presindecia da FGM?
O noso deporte o forma diversas disciplinas ademáis do sendeirismo, e incluso algunhas moi interesantes para o mundo do montañismo (pese ao que lle pese á FGM) como o propio montañismo, a escalada, o descenso de barrancos, as carreiras de montaña, o esquí de montaña,… pero o certo é que dende que teño uso de razón montañeira a Federación Galega de Montañismo preocúpase bastante máis dos engadidos do noso deporte (turismo, cultura, festas,…) que do noso propio e puñeteado deporte.
Onde están as infraestructuras deportivas, a promoción dos deportistas que queiran mellorar, onde están os plans de apoio aos clubs deportivos, onde están os reequipamentos, a sinalización, a organización de eventos deportivos, a formación e actualización de vellos e novos instructores, a edición de guías e manuais, a protección do noso medio natural, a participación activa de deportistas, directivos,… na vida da Federación. E agora a última esperanza que nos quedaba foise pola borda.
Gracias Federación Galega de Montañismo por, unha vez máis, seguir co mesmo. Estamos peor que fai 20 anos…. e o peor é que xa estamos moi acostumados ao que temos. Cada vez somos menos deportistas e máis…. de calquera outra cousa.
Sorte Sechu nos teus novos retos e contamos centos de deportistas da montaña galega contigo para moito máis, porque somos moitos os que te valoramos e apoiamos.
David Pérez Araújo
Socio e federado dun club de montaña galego





5 comentarios:
A verdade é que ver cómo funciona unha federación como a galega... como funciona o sistema de cursos... é increíble... e ver que outras federacións funciona moito millor e máis fácil... increíble... e a día de hoxe, 8 de Marzo, aínda non teño a miña tarxeta de federado 2010.
Sempre chego tarde ós teus comentarios, David.
Lástima porque creo que tes unha idea moi sesgada e sen información contrastada. Non sabes os problemas que ten unha Federación e falas sen saber.
Ademais tes que coñecer o que hai detrás de cada persoa e ter outras opinións que contrastar. Xa sei que por iso é opinión e non información, pero as opinións poden chegar a ferir por como se dín as cousas.
Respecto de Juan Antonio, polo que sei eu, as licenzas se tramitan con moita velocidade e seguramente o teu club non fixo o seu traballo correctamente. Por certo, dís que non tes a licenza en marzo pero non dís cando a solicitaches nin por que club. O mellor tes que buscar os culpables máis cerca de ti... é unha cuestión a reflexionar antes de acusar a outros.
Vos lembro a todos que, salvo a secretaria, os demais que traballan na FGM son voluntarios e fan o ben para o noso deporte sen nada a cambio. Quizais antes de criticar hai que saber máis.
Sabedes que a FGM non ten problemas financeiros como a maioría das Federacións de Montañismo de España, ou como as doutros deportes en Galicia?
Sabedes que esta federación durante o mandato de Freixeiro creou 4 refuxios para os federados galegos?
Sabedes que este deporte ten equipo de carreiras por montaña por iniciativa de Freixeiro e que foi xestionado por Sechu?
Hai que ver máis alá do que un ten na casa e pensar de onde quitariades vós tempo para adicalo gratuitamente durante 24 anos a uns deportistas que, por desgraza, xeralmente non fan máis que queixarse e non ofrecen apoio ou alternativa.
Sólo digo que necesitamos más deporte de montaña, con deportistas jóvenes, técnicos titulados, instalaciones deportivas razonables (senderos, rocódromos, refugios, equipamientos, reequipamientos, croquis,...) clubs fuertes y dotados de infraestrucura, escuelas deportivas locales de montañismo, red de intercambios de experiencias entre clubs, directivos formados y motivados, vocalías de escalada, de alpinismo, de montañismo, de esquí de montaña..... una Escola Galega de Alta Montaña que preste servicios de verdad al deporte, a los clubs y a los deportistas,... NO SOMOS LA FEDERACION DE SENDERISMO SOMOS LA FEDERACIÓN DE DEPORTES DE MONTAÑA Y ESCALADA.....
Caramba!!!
Opinas coma mín.
Iso todo é o que necesitamos.
O que pasa é que a realidade demostra que non hai persoas voluntarias dispostas a facer … “más deporte de montaña, con deportistas jóvenes, técnicos titulados, instalaciones deportivas razonables (senderos, rocódromos, refugios, equipamientos, reequipamientos, croquis,...) clubs fuertes y dotados de infraestrucura, escuelas deportivas locales de montañismo, red de intercambios de experiencias entre clubs, directivos formados y motivados, vocalías de escalada, de alpinismo, de montañismo, de esquí de montaña”
Tamén hai que buscar a xente que desinteresadamente traballe nunha “ Escola Galega de Alta Montaña que preste servicios de verdad al deporte, a los clubs y a los deportistas”
Tamén estou de acordo que non “SOMOS LA FEDERACION DE SENDERISMO SOMOS LA FEDERACIÓN DE DEPORTES DE MONTAÑA Y ESCALADA”.
Pero todo iso xa o sabemos.
Pódesme dicir onde atopamos a rapaces novos que queiran ir ó monte? Ou mellor, que queiran facer deporte en xeral? Porque as federacións de montaña españolas e as federacións de tódolos deportes galegos están co mesmo problema, polo que non será culpa desta FGM.
Onde están eses voluntarios para dinamizar o deporte? Porque sen recursos económicos a xente non traballa. Cando atopes debaixo de que pedra están os técnicos titulados dos que falas, avísalle á Escola Galega de Ata Montaña, porque estamos buscando a algún que queira ser o director da mesma (non hai moitos voluntarios cando a praza está deserta).
Clubs fortes e dotados de infraestrutura? Onde están? Cando nin os clubs de futbol que moven millóns e teñen centos de socios poden pagar as súas débedas, queres que os clubs de montaña consigamos recursos con 2000 federados que hai en Galicia? Ademais ti fuches directivo dun club en Pontevedra e a fortaleza do voso club só se mide en actividades (moi loables) porque os recursos económicos naquel momento dependían dunha sede social prestada nunha institución pública e das axudas públicas. Ou os socios pagaban cotas sociais suficientes para manter esa infraestrutura da que falas?
O mellor pensas que cos cartos da FGM podemos profesionalizar o noso deporte como en Aragón. Pero, que eu saiba alí funciona porque detrás da Federación está Prames, e detrás desta empresa está a Junta autonómica e varias institucións de crédito. Cando os nosos políticos pensen que o montañismo é digno de tantos merecementos quizais as rás teñan pelo e o número de federados de Galicia se achegue ó de Aragón. Por certo, esas aventuras noutras comunidades (p.exemplo na madrileña) deron con quebras económicas das federacións correspondentes. As federacións non teñen unha máquina de facer cartos.
Respecto dos profesores da Escola debes saber que somos voluntarios e que cobramos pouco máis que os quilómetros e o bocadillo. Polo tanto, se eu teño que dar un curso da EGAM ou quedarme traballando a fin de semana para atender a un cliente, que cres que vou facer?
Porque a varita máxica das solucións non existe. Se a ten alguén, que vaia onde o novo presidente da federación que seguro estará cos brazos abertos agardando a súa varita, a man que vai detrás, o brazo e todo o corpo, que persoas son o que fai falta!!
Estimado presi:
He sido miembro de las juntas directivas de dos federaciones deportivas gallegas (por colaborar y ayudar), de dos federaciones españolas y de una internacional, he sido socio fundador, presidente y directivo de un club de montaña en mi pueblo, he sido directivo de un club de piragüismo y formado parte de los comités técnicos de dos deportes bien distintos, doy clases a técnicos deportivos de nivel I y II y organizo pruebas deportivas internacionales, nacionales y locales de varios deportes como hockey, triatlón, atletismo, piragüismo, fútbol, vela,... He sido miembro de la junta rectora de un Instituto Municipal Deportivo y soy técnico deportivo de un Concello y veo los males que tu apuntas todos los días en mi trabajo. Algo puedo entender de lo que tu apuntas como verdad absoluta.
Todos los días trabajando con personas que tienen mucho corazón (una maravilla trabajar con ellos) para su deporte y poca capacidad real (porque cada uno tiene su tiempo, su profesión y su formación) pero lo que sí te puedo asegurar es que entre el colectivo de deportistas gallegos de la montaña, se puede sacar personas con ganas, voluntad, capacidad y tiempo para trabajar por el deporte del montañismo y la escalada, y si están, y no se les ve, también puede ser porque algo mal debe de estar haciendo la estructura federativa, clubs, deportistas, aficionados para que cada vez seamos menos deportivos y más "vecinales" en nuestro deporte....
Sólo pido (por humanidad) un poco de reflexión pública (unas jornadas de encuentro, reflexión, estrategia, interacción,...) sobre nuestro pasado, presente y futuro, y que entre todos pongamos las piedras de algo mejor de lo que tenemos (que no es poco, pero tampoco es lo deberíamos de tener)
Publicar un comentario en la entrada