As citas das musgas e dos musgos

jueves 8 de diciembre de 2011

VIAXE DE ESQUÍ DENDE PONTEVEDRA 2012

Os amigos e amigas de Musgo Aventura queremos organizar, como todos os anos, unha viaxe para ir a esquiar e iremos á estación andorrana de Grandvalira. A viaxe está pensado para todos os niveis (dende debutante ata avanzado) e só co obxectivo de pasárnolo ben e aprender ou mellorar.

Data:
Saída o sábado 14/01/12 (ás 22 horas dende a rúa Alameda de Pontevedra, diante da Deputación) e regreso o sábado 21/01 (sobre as 12 horas).

Transporte:
Será en autobús dende Pontevedra. En caso de non completar grupo para poder viaxar nós só, viaxaremos con outro grupo.

Estación escollida: www.grandvalira.com
Cota mín. - máxima: 1710 m. – 2640 m. con 193 Qm. de pistas
Remontes: 1 teleférico, 1 telecabina, 11 telesillas e 18 telesquís
Pistas de esquí: 108 pistas das que 17 verdes, 36 azuis, 34 vermellas e 21 negras
Innivación artificial: 83 Qm.

Actividade deportiva:
- Clases:
2 horas de clases diarias de luns a venres para todos os niveis (clasificados dende iniciación ata avanzado según o teu nivel). En caso de querer clase de snow terás que sumar 12 €.
- Forfait:
Forfait (acceso completo) de luns a venres a toda a estación de Grandvalira.
- Material:
Casco, botas, táboas de esquí e bastóns. En caso de querer material de snowboard, terás que sumar 40 € sobre o prezo final. En caso de non querer alugar material poderás descontar 12 € do prezo final.7

Aloxamento e manutención:
Será no hotel Cassany ou Eurohotel (ambos de 3 estrelas) de Andorra (vila) en habitacións dobles e triplas dende a noite do domingo ata a mañá do venres, en réxime de media pensión (o prezo inclúe só auga na cea), co xantar nas propias pistas.

Seguro:
Contará cun seguro de accidentes para toda a viaxe e de atención sanitaria en Andorra.

Prezo final por persoa: 475 € (todo).

Método para inscribirse ou resolver calquera dúbida:
As persoas interesadas en inscribirse terán que poñerse en contacto con “Viaxes Sierra” (organizadora técnica da viaxe) no T. 881 979 138 o en 670 035 719 e indicarlle a referencia “Musgo Aventura Pontevedra”.

En caso de que queiras información podes pasar por Musgo Aventura, na rúa Javier Puig, 13 – baixo de Pontevedra, ou chamarnos ao tel. 886 208 165 ou síguenos no Facebook de "Musgo Aventura S.L."

Sendeiro Circular dos Balcóns do Lérez en Pontevedra

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG