As citas das musgas e dos musgos

jueves 8 de diciembre de 2011

VIAXE DE ESQUÍ DENDE PONTEVEDRA 2012

Os amigos e amigas de Musgo Aventura queremos organizar, como todos os anos, unha viaxe para ir a esquiar e iremos á estación andorrana de Grandvalira. A viaxe está pensado para todos os niveis (dende debutante ata avanzado) e só co obxectivo de pasárnolo ben e aprender ou mellorar.

Data:
Saída o sábado 14/01/12 (ás 22 horas dende a rúa Alameda de Pontevedra, diante da Deputación) e regreso o sábado 21/01 (sobre as 12 horas).

Transporte:
Será en autobús dende Pontevedra. En caso de non completar grupo para poder viaxar nós só, viaxaremos con outro grupo.

Estación escollida: www.grandvalira.com
Cota mín. - máxima: 1710 m. – 2640 m. con 193 Qm. de pistas
Remontes: 1 teleférico, 1 telecabina, 11 telesillas e 18 telesquís
Pistas de esquí: 108 pistas das que 17 verdes, 36 azuis, 34 vermellas e 21 negras
Innivación artificial: 83 Qm.

Actividade deportiva:
- Clases:
2 horas de clases diarias de luns a venres para todos os niveis (clasificados dende iniciación ata avanzado según o teu nivel). En caso de querer clase de snow terás que sumar 12 €.
- Forfait:
Forfait (acceso completo) de luns a venres a toda a estación de Grandvalira.
- Material:
Casco, botas, táboas de esquí e bastóns. En caso de querer material de snowboard, terás que sumar 40 € sobre o prezo final. En caso de non querer alugar material poderás descontar 12 € do prezo final.7

Aloxamento e manutención:
Será no hotel Cassany ou Eurohotel (ambos de 3 estrelas) de Andorra (vila) en habitacións dobles e triplas dende a noite do domingo ata a mañá do venres, en réxime de media pensión (o prezo inclúe só auga na cea), co xantar nas propias pistas.

Seguro:
Contará cun seguro de accidentes para toda a viaxe e de atención sanitaria en Andorra.

Prezo final por persoa: 475 € (todo).

Método para inscribirse ou resolver calquera dúbida:
As persoas interesadas en inscribirse terán que poñerse en contacto con “Viaxes Sierra” (organizadora técnica da viaxe) no T. 881 979 138 o en 670 035 719 e indicarlle a referencia “Musgo Aventura Pontevedra”.

En caso de que queiras información podes pasar por Musgo Aventura, na rúa Javier Puig, 13 – baixo de Pontevedra, ou chamarnos ao tel. 886 208 165 ou síguenos no Facebook de "Musgo Aventura S.L."

miércoles 6 de abril de 2011

lunes 14 de febrero de 2011

A Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro continúa realizando actividades


A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte Verdegaia, segue a realizar accións de diversa índole encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgación dos diversos valores deste prezado espazo natural. En datas recentes leváronse a cabo varias actividades e de cara ó futuro, o día 20 de febreiro terá lugar a 1ª Andaina reivindicativa Pola Protección da Serra do Galiñeiro, o 25 unha festa-denuncia e o 3 de marzo unha tertulia sobre o deporte e a Serra do Galiñeiro.

O pasado 8 de febreiro levouse a cabo a presentación dunha carta ó Concello de Mos solicitando reunirse coa Alcaldesa, co Concelleiro de Urbanismo, cos técnicos municipais e co equipo redactor do PXOM, para expoñerlles a preocupación pola conservación dos valores da Serra do Galiñeiro, e transmitirlles a solicitude de protección deste espazo.

En días pasados tamén se seguiu a decisión por maioría de rexeitar o polígono eólico da Serra do Galiñeiro no Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo, a pesares da oposición do Partido Popular. Ademais, a Plataforma editou un logotipo e está a conformar unha páxina web (http://www.serradogalinheiro.org) para que os cidadáns e todo tipo de asociacións, grupos e entidades de ben coñezan a problemática que se está a tratar e se sumen a este traballo, no que cada vez están máis persoas comprometidas.

Ademais, o día 12 de febreiro realizouse unha charla-coloquio sobre o patrimonio arqueolóxico na Serra do Galiñeiro que se celebrou na escola de Prado (Morgadáns, Gondomar) a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar.
Por outra banda, as actividades futuras que se van realizar comezan o domingo 20 de febreiro cando terá lugar a 1ª Andaina reivindicativa Pola Protección da Serra do Galiñeiro que sairá ás 10:30 h. do Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios, Gondomar) e que cun percorrido de aproximadamente 2,5 horas de duración pretende convocar á cidadanía para percorrer un pequeño anaco de Serra baixo o lema “Por un monte sen eólicos” en referencia á oposición desta Plataforma ó Parque eólico de 13 aeroxeradores e 39 Mw que se pretende levantar neste espazo natural.

O venres 25 de febreiro terá lugar a 1ª Festa-Denuncia Pola Protección do Galiñeiro na taberna Marrucho (Baiona) na que o programa será o seguinte:18.00 - Actuación do circo escarranchado: un espectáculo para maiores e pequen@s moi ameno e divertido. 19.00 - Recital de Poesía a cargo das Redes Escarlata e á mesma hora @s cativ@s terán actividades coma debuxo, manualidades,… a cargo do colectivo Trasnadas. 20.00 – Actuación do monologuista miñorano Kutxi, mais coñecido como Cabesa de Boi. 20.30 – Actuación do cuarteto tradicional A Seneira. 21.30 – Cea solidaria. 23.30 – Concertos de Skacha e Tiro na testa.

Xa o xoves 3 de marzo realizarase unha mesa redonda con deportistas de proxección internacional no Centro Cultural de Valadares (Vigo) onde se debaterá sobre as posibilidades de ocio e deporte na Serra do Galiñeiro e as repercusións que poderán ter se non se protexe debidamente e do estado de conservación do medio natural galego dende o punto de vista das persoas que practican algunha actividade física. Neste acto intervirán Óscar Pereiro (gañador do Tour de Francia 2006), Sechu López (montañeiro), Jose Luis Armada (responsable da sección de carreiras de orientación da Universidade de Vigo), Alejandro Gómez (atleta internacional), David Gómez (decatleta internacional) e Joaquín Carril (Profesor da Facultade de Ciencias da Actividade física e o Deporte do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo).
Finalmente, a comezos de abril terá lugar outra mesa redonda, desta parte en Tui e sobre a xeoloxía da Serra do Galiñeiro, e xa no mes de maio, haberá unha xuntanza de escaladores galegos nas vías de escalada do Galiñeiro.
Actualmente conforman a Plataforma Pola protección da Serra do Galiñeiro as seguintes asociacións:

ADEGA
AMIGOS DA TERRA
Asociación Galega de Apicultura
A RÍA NON SE VENDE
ASOCIACIÓN "A GROBA"
ASOCIACIÓN CULTURAL BERRA VAL MIÑOR
ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E ECOLOXISTA
TREZE-CATORZE DE SALCEDA DE CASELAS
ASOCIACIÓN CULTURAL "FESTA DA PREHISTORIA" de MOS
ASOCIACIÓN VECIÑAL CASCO VELLO DE VIGO
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE VINCIOS
CENTRO CULTURAL AS PEDRIÑAS DE  TAMEIGA, MOS
CLUBE ESPELEOLÓXICO MAÚXO
CLUB DE MONTAÑA E ESCALADA AZIMUT
CLUB DE MONTAÑA PENA TREVINCA
MONTAÑEIROS CELTAS
MONTAÑEIROS XISTRA
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS
INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS
OUTRO VIGO É POSIBLE
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO CÍES
SALVEMOS MONTEFERRO
S.O.S. GROBA
VERDEGAIA

miércoles 7 de abril de 2010

Eslalon Gigante en Manzaneda


El próximo día 11 de Abril tendrá lugar en Manzaneda la primera prueba de esquí alpino en la modalidad de eslalon gigante organizada por el Club Sierraeskí en colaboración con la Estación de Montaña de Manzaneda.

Se trata de una prueba abierta a todos los esquiadores que quieran participar, para todas las CATEGORIAS: Alevín I, Alevín II, Infantil I, Infantil II, Juveniles I, Juveniles II, Senior y Veteranos.

La carrera se celebrará en la pista Os Corzos, a dos mangas para juveniles y senior, y a una manga para el resto de las categorías.

miércoles 31 de marzo de 2010

IV Copa Galega de Raids de Aventura en Paderne (A Coruña)


Marcha para celebrar o Día da Terra

Convocan unha marcha entre a central térmica de Meirama e a incineradora de SOGAMA para celebrar o Día da Terra

Diversas organizacións cidadás convocaron para o sábado 24 de abril unha “Andaina polo Clima” en Cerceda (A Coruña) baixo o lema “O clima non está á venda”. A marcha discorrerá entre a central térmica de carbón de Meirama, propiedade de Gas Natural-Unión Fenosa, e a incineradora de residuos urbanos de SOGAMA. Deste xeito, as organizacións convocantes súmanse desde Galiza ao Día da Terra, celebración ecoloxista da que en 2010 se cumpren corenta anos.

No manifesto que serve de base a esta convocatoria, as organizacións promotoras presentan a mudanza climática como a manifestación máis preocupante dunha crise ecolóxica planetaria moito máis decisiva para o futuro da humanidade que a actual crise económica. Galiza é corresponsábel deste grave problema socioambiental, pois presenta unhas elevadas emisións por habitante de dióxido de carbono (CO2) e outros gases de invernadoiro causantes do cambio climático, o que se relaciona, entre outros factores, coa localización no noso territorio de grandes industrias emisoras (nomeadamente as centrais térmicas de carbón de Meirama e As Pontes), co uso masivo do coche e do camión, coa incineración e o vertido da maior parte do lixo ou co retroceso alarmante da agricultura labrega.

Os convocantes da “Andaina polo Clima” demandan un tratado internacional xusto, vinculante e ambicioso para evitar unha mundanza climática catastrófica. E esixen á Xunta e aos demais poderes públicos a aplicación urxente en Galiza de políticas coherentes con este obxectivo, que posibiliten unha redución mínima do 30% das emisións galegas de gases de invernadoiro en 2020 a respecto de 1990. Trátase dunha obriga moral, mais tamén dunha oportunidade para mellorar as vidas dos galegos e galegas, xa que unha economía baixa en carbono implicaría múltiples beneficios, como unha menor dependencia enerxética e alimentaria, cidades máis habitábeis, un rural vivo ou empregos verdes.

Na marcha para conmemorar o Día da Terra rexeitaranse falsas solucións á mudanza climática como a enerxía nuclear ou os agrocombustíbeis insustentábeis e defenderanse medidas como o peche das centrais térmicas de carbón e da incineradora de SOGAMA, o decrecemento do consumo de enerxía, unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas e na ampliación dos aeroportos, a expansión das enerxías renovábeis e a promoción do transporte sustentábel, da redución, reutilización e reciclaxe dos residuos e da soberanía alimentar e a agroecoloxía.

-Relación de organizacións convocantes: Amarante, Amigos da Terra, Asociación cultural Lucerna (Cerceda), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace, Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP) e Verdegaia.

viernes 26 de marzo de 2010

Audiovisual “Karakórum 2009, un vigués a 8000 metros”

Participar nunha expedición ás montañas máis altas da Terra, é un soño de moitos alpinistas. Despois de moitas viaxes montañeiras, o pasado ano o vigués Sechu López decidiu ir ao Karakórum.

Esta afamada cordilleira asiática na que se atopan cinco das 14 montañas de oitoimil metros, para intentar ascender a “dúas” delas, os Gasherbrum I e II, nome suxerinte pois significa “montaña luminosa”.

Tivo en conta unha reflexión de Séneca: “Non nos falta valor para emprender certas cousas, porque son difíciles, senón que son difíciles porque nos falta valor para emprendelas.”

A expedición durou case dous meses do verán 2009 e transcorreu integramente en Paquistán. Sechu tamén é un gran afeccionado á fotografía e nesta viaxe realizou máis de 4000 fotos, das que nos mostrará unha boa selección, coa que pretende trasladar ao público a fermosos paraxes e facelo partícipe da súa apaixonante aventura.

Tras sufrir adversidades como a morte dun compañeiro de expedición ou quedar a só 209 metros do cumio do Gasherbrum I, todo o mundo cría que regresaría a casa. Pero este tenaz montañeiro superou os momentos difíciles e apurando os últimos días de expedición, demostrou unha gran capacidade de sacrificio e perseveranza ao loitar ata conseguir o seu primeiro oitomil, que sería o Gasherbrum II (8.035 m), cumio que tan só el e outro alpinista acadaron na pasada temporada, ambos, para máis mérito, en solitario.

Auditorio do Centro Social Caixanova. Policarpo Sanz, 26, 2º. Vigo
Venres 23 de abril de 2010, 20.00 horas

Presenta: Fernando Fernández Rei, Presidente de Club Montañeiros Celtas
Colaboran: Caixanova e Fundación VIDE
Organizan: Club Faro de Vigo – Club Montañeiros Celtas

viernes 12 de marzo de 2010

miércoles 3 de marzo de 2010

O meu amigo David "O Teixugo Panadeiro" marchou


Xa fai varios anos que eu coñecía a David e podo asegurarvos que era moita a bondade que estaba metida nese corpo de kaiakista de augas bravas.

Moita xente pasamos tempo palexando ao seu lado e agora todos temos moito que lamentar porque perdemos a un amigo e a un compañeiro.

As súas viaxes eran envidiadas por moitos de nós e todos sabíamos que dos galegos, David era un dos bos... África, América, Europa,...

A mala sorte fixo que unha arbore atravesada nun río calquera en Portugal levara a vida do meu amigo, e amigo de tantos compañeiros, que o faremos de menos dende agora mesmo ata o fin dos tempos.

Descanse en Paz. O seu blog era un dos importantes no mundo dos ríos e así estamos.

Saúde para todos e ánimo para a familia e amigos

Os seus amigos de Musgo Aventura
David Araújo

I Carreira e Andaina "Travesía do Xalo"

Temos o pracer de presentar a primeira edición da Travesía do Xalo (carreira ou andaina), un evento deportivo / festivo que esperamos poder realizar durante moitos anos.

A actividade celebrarase o día 18 de abril de 2010 e a hora de saída será as 10:00 da mañá preto da cidade da Coruña.

O evento constará de dúas modalidades:
  1. 1. Carreira de 21,5 km con 993 m de desnivel por un percorrido técnico nos arredores do Xalo que levarán a descubrir preciosos lugares descoñecidos para todos.

  2. 2. Andaina de 12,3 km dirixida a xente pouco competitiva ou que simplemente desexa disfrutar dunhas horas nun fermoso contorno natural.

As inscricions realizaranse de maneira online a través da web.

TELEFONOS DE CONTACTO: 651 587 172 / 697 513 997
CORREOS DE CONTACTO calinvs@gmail.com Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou contacto@castelodeporte.org Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla


Os mellores montañeiros da provincia de Pontevedra 2009

A Gala Pontevedresa do Deporte celebrouse o 26 de febreiro 2010 na Deputación de Pontevedra.

Os montañeiros Rosa Paredes e Sechu López estaban entre os 26 deportistas sénior de cada disciplina deportiva que optaban aos Premios de Mellor Deportista feminina e masculino respectivamente, da provincia de Pontevedra do ano 2009.

Os méritos son varios neste ano 2009 pero entre eles:

Sechu (Montañeiros Celtas) - Ascenso ao Gasherbrum II (8.035 m.), Aconcagua (6.959 m.) e Ojos del Salado (6.891 m.), intento ao Gasherbrum I (8.068 m.)

Rosa Paredes (Montañeiros de Pontevedra) - Ascenso ao Aconcagua (6.959 m.) e Ojos del Salado (6.891 m.), e ao Elbrus (5.642 m.)

Gracias e noraboa amigos

Os premios absolutos finalmente recaeron en Begoña Fernández (balonmán) e Carlos Pérez (piragüismo), pero queda o recoñecemento.

viernes 19 de febrero de 2010

Texto de opinión sobre a dimisión do director técnico da F.G. de Montañismo


O noso deporte do montañismo sofre estes días un zarpazo máis. O ata fai pouco Director Técnico da Federación Galega de Montañismo, Sechu López, presentou a súa dimisión ao presididente Xosé Lois Freixeiro.


É impresionante como unha persoa que demostrou tanto, tanto, tanto… como presidente do Club Montañeiros Celtas de Vigo (un dos Clubs máis importantes de Galicia), chega a unha entidade como a Federación Galega de Motañismo (que en principio ten máis recursos, contactos, obxectivos,…) e de repente non se ven os seus frutos como antes…. Por que será?


- Será porque a poltrona de ser directivo da FGM é demasiado cómoda e mullida?

- Será porque a crisis económica afecta a todos os sectores da vida e tamén á FGM?

- Será porque non está rodeado do mesmo equipo humano na directiva da FGM que na directiva do Club Montañeiros Celtas?

- Será porque a capacidade directiva quedóuselle mermada ao estar baixo unha presidencia como a de Xosé Lois Freixeiro, pouco innovadora e aberta?

- Será porque nomear a Sechu López Director Técnico da FGM era unha estratexia de márketing da presindecia da FGM?


O noso deporte o forma diversas disciplinas ademáis do sendeirismo, e incluso algunhas moi interesantes para o mundo do montañismo (pese ao que lle pese á FGM) como o propio montañismo, a escalada, o descenso de barrancos, as carreiras de montaña, o esquí de montaña,… pero o certo é que dende que teño uso de razón montañeira a Federación Galega de Montañismo preocúpase bastante máis dos engadidos do noso deporte (turismo, cultura, festas,…) que do noso propio e puñeteado deporte.


Onde están as infraestructuras deportivas, a promoción dos deportistas que queiran mellorar, onde están os plans de apoio aos clubs deportivos, onde están os reequipamentos, a sinalización, a organización de eventos deportivos, a formación e actualización de vellos e novos instructores, a edición de guías e manuais, a protección do noso medio natural, a participación activa de deportistas, directivos,… na vida da Federación. E agora a última esperanza que nos quedaba foise pola borda.


Gracias Federación Galega de Montañismo por, unha vez máis, seguir co mesmo. Estamos peor que fai 20 anos…. e o peor é que xa estamos moi acostumados ao que temos. Cada vez somos menos deportistas e máis…. de calquera outra cousa.


Sorte Sechu nos teus novos retos e contamos centos de deportistas da montaña galega contigo para moito máis, porque somos moitos os que te valoramos e apoiamos.


David Pérez Araújo

Socio e federado dun club de montaña galego

martes 16 de febrero de 2010

Como será el esquí en Aragón en el año 2100

Según informa Nevasport, Aramón asume que por debajo de 1.800 metros el esquí será poco viable. El estudio de la DGA sobre la nieve concluye que en el entorno del 2040 las cotas bajas tendrán problemas aunque estén innivadas. La ampliación de Cerler se ha diseñado con esa premisa.

Aramón ya trabaja con la premisa de que el cambio climático provocará que cada vez sea más difícil esquiar por debajo de los 1.800 metros. Los técnicos del grupo aragonés de la nieve han tenido en cuenta las perspectivas derivadas del calentamiento global y han diseñado la ampliación de Cerler de forma que "prácticamente el 100 por 100" de las instalaciones estén por encima de esa cota.

Según consta en la memoria resumen del proyecto, que acaba de salir a información pública, las únicas zonas de la ampliación que quedarán por debajo de los 1.800 metros serán el frente de nieve de Castanesa, el área de debutantes y el frente de nieve de Aneto. El resto de sectores y conexiones se han planificado identificando como "poco viables" aquellas infraestructuras que se ubiquen claramente por debajo de la altitud de referencia. Además, Aramón también ha tenido muy en cuenta la orientación de cada área.

Proyecciones y plazos
La cota mínima que maneja el holding como garantía de viabilidad es la misma que propone el estudio sobre el sector de la nieve que encargó la DGA. Ese documento incluye además unas proyecciones sobre cómo afectará el cambio climático a las estaciones aragonesas a lo largo de este siglo.

Además de estudiar la evolución prevista de las temperaturas y de las precipitaciones, los autores del informe han analizado las posibilidades de fabricación de nieve artificial. Para ello, se han basado en los escenarios de calentamiento más pesimistas, lo que significa que, si el clima evoluciona de forma más benigna, las situaciones previstas serán menos desfavorables que las descritas.

El documento también aclara que en las valoraciones sobre cada estación se ha tenido en cuenta la distribución de sus pistas, es decir, que una cosa es su cota mínima y otra la altitud a partir de la cual se encuentra la mayor parte de su dominio esquiable.

Horizonte 2040
Teniendo en cuenta todas esas premisas, el estudio concluye que las estaciones de esquí aragonesas son "totalmente viables" hasta el entorno del 2040, aunque pueden tener algún problema en sus zonas bajas a partir de marzo.

Siempre según el estudio encargado por la DGA, a partir de ese año el conjunto de las estaciones seguirá siendo viable, pero las zonas más bajas tendrán problemas para ser innivadas. "Un caso especial se daría en Candanchú -advierten los autores-. Su cota baja no solo acoge las zonas de debutantes, sino también la llegada y salida de prácticamente el conjunto de la estación y una buena franja de pistas de la zona de la Olla y el Tobazo, lo que podría suponer un problema muy serio de gestión de la estación durante el mes de marzo".

La zona baja de Cerler también presentaría dificultades, pero se centrarían en una única pista que limitaría la vuelta a casa en la zona de Molino y que podría sustituirse por una telesilla.

Por último, el informe hace una mención especial a Javalambre, centro que presentaría "una situación más desfavorable que el resto de estaciones con una situación que se tornaría ciertamente compleja en el mes de marzo".

Horizonte 2070
El informe detalla que la situación empeorará en el entorno del 2070. Los problemas seguirían centrándose en las cotas bajas. Sin embargo, la subida de las temperaturas prevista para el mes de marzo afectaría a todas las estaciones siendo "especialmente relevante" el caso de Javalambre, donde el escenario previsto "daría poco margen para la práctica del esquí".

Formigal, Panticosa, Valdelinares y Candanchú presentarían situaciones complicadas, pero en menor medida. Por su parte, Cerler y Astún, pese a presentar alguna dificultad, mantendrían una situación favorable.

Horizonte 2100
Las proyecciones apuntan a que será a finales de siglo, con un aumento de temperaturas muy significativo, cuando la situación de los centros invernales aragoneses se torne "difícil". La viabilidad de Javalambre quedaría para entonces "en entredicho", y el resto de las estaciones, a excepción de Cerler, se verían "en serias dificultades" durante el mes de marzo. Valdelinares, Astún, Formigal y en menor medida Panticosa seguirían pudiendo desarrollar su actividad durante buena parte de la temporada. Por el contrario, el desarrollo de la actividad se vería más afectado en Candanchú.

El estudio considera que todas estas conclusiones son "perfectamente aplicables" a la ampliación de Cerler. Por su parte, la unión de Astún y Formigal mediante pistas presentaría problemas en el escenario 2070 al tener una cota mínima de 1.650 metros con orientación sur

lunes 15 de febrero de 2010

Próximos viaxes de esquí/snow organizados por Viaxes Sierra


GRANDVALIRA (PIRINEO ANDORRANO)
Estacións: 195 Km. de pistas
Transporte: Bus
Forfait: 5 días
Aloxamento: Andorra la Vella en hotel de 3 ou 4 estrelas
Duración: Semana (27 de febreiro ao 6 de marzo)
Prezo: Dende 420 €
Saída garantida

SAINT LARY (PIRINEO FRANCÉS)
Estacións: 100 Km. de pistas
Transporte: Bus
Forfait: 5 días
Aloxamento: no propio pobo a 200 metros do teleférico
Duración: Semana (06 ao 13 ou do 13 ao 20 de marzo)
Prezo: Dende 280 €
Saída garantida

ALPES EN AVIÓN
Estacións: Zermatt (313 Km. de pistas) ou Les Arcs (250 Km.)
Transporte: Avión dende Porto (POR) a Suiza, e traslados ás estacións
Forfait: 6 días
Aloxamento: a pé das pistas dependendo da estación
Duración: 7 días en Semana Santa (27 de marzo ao 3 de abril)
Prezo: Dende 795 €
Saída garantida

ANDORRA EN SEMANA SANTA
Estacións: Grandvalira (195 Km. de pistas) ou Vall Nord (89 Km.)
Transporte: Bus
Forfait: 5 días
Aloxamento: a seleccionar en diversos hoteis de Andorra
Duración: Semana Santa (27 de marzo ao 01 de abril)
Prezo: Dende 365 € (sin transporte)
Saída garantida

VIAXES SIERRA
902 905 184 (Horario de oficina)
881 979 138 (Horario de oficina)
670 035 719 (24 Horas)
626 978 039 (24 Horas)
viajessierra@viajessierra.com

viernes 5 de febrero de 2010

Consiguen la primera travesía de la Antártida en completa autonomía

Muy pocos han cruzado el continente antártico de costa a costa. Los que lo habían hecho hasta ahora habían contado con asistencia, o bien habían usado kites (cometas) que facilitan el esfuerzo y reducen en mucho el tiempo de travesía ya que permiten alcanzar velocidades de vehículo. Ha habido que esperar casi un siglo desde que Roald Amudsen conquistara el polo Sur para que otra noruega y un estadounidense hubieran cruzado la Antártida de costa a costa en plena autonomía.

Cecilie Skog (35 años) es recordada por alcanzar la cima del K2 el día de agosto de 2008 en el que 11 montañeros perdieron la vida, entre ellos su marido, el gran escalador, alpinista y explorador polar Rolf Bae. Por aquel entonces Skog ya había sido la primera mujer en conseguir las 7 cumbres y los dos polos sin asistencia externa, y había estado a punto de conseguir la cima del K2 en 2005.

Ryan Waters (35 años) es nativo de Boulder (Colorado), y tiene una gran experiencia en alpinismo.

La travesía de la Antártida en completa autonomía era un viejo sueño de Rolf Bae, que su esposa Cecilie ha visto cumplido. Ambos partieron el día 13 de noviembre de la isla Berkner y esquiaron hasta el Polo Sur, al que llegaron el día 31 de diciembre. Desde allí continuaron hasta la costa en la plataforma de hielo Ross el 21 de enero, tras 70 días. En este tiempo han recorrido 1.800 kilómetros, han sufrido temperaturas habituales de -45ºC y han soportado vientos de muchísima fuerza. Cuando partieron arrastraban unas pulkas de 130 kilos cada uno. Comenzaron a nivel del mar y han llegado a alcanzar los 3.200m de altura, cruzando zonas realmente técnicas como el area de Axel Heiberg en las que han tenido que hacer uso de su experiencia como alpinistas.

Información de barrabes.com

miércoles 2 de diciembre de 2009

VIAXEMOS Á ESQUIAR DENDE GALICIA


O especialista Viaxes Sierra fainos chegar as súas ofertas de viaxes dende Galicia (en avión ou bus) para comezar cos deportes de neve, ou para os que xa buscan algo máis como destinos alternativos aos típico de Manzaneda ou Andorra.

Neste enderezo web podemos ver novas sobre saídas a moitas estacións de deportes de neve en toda a Península Ibérica ou aos Alpes franceses.

Animádevos e iremos engadindo novas ofertas dos amigos de Viaxes Canoa

sábado 14 de noviembre de 2009

Material de super oferta

Aquí teneis algún material a precio de suicidio porque son últimas unidades



PIRAGUA AUTOVACIABLE

Marca: Perception

Modelo: Scooter con pala y respaldo

PVP de antes 570 € y PRECIO DE AHORA 399 €

lunes 2 de noviembre de 2009

Montañismo na Serra do Courel (Lugo)

Actividade o Club Montañeiros de Pontevedra e é unha actividade de nivel deportivo e gran nivel paisaxístico

Organizada polo bo montañeiro Suso García, os vindeiros días 7 e 8 de novembro o Club Montañeiros de Pontevedra organiza unha actividade nesta importante serra galega. Algúns datos:

SAÍDA: Sábado día 7 ás 06:30h dende o Pabillón Municipal de Deportes de Pontevedra.

CHEGADA: Domingo 8 as 22:00h

PREZO: Socios federados en montaña de 35 €, socios/as 40 € e non socios/as 50 €.
O aloxamento será no refuxio da Federación Galega de Montaña na Seara (2,5 € federados e 8 € non federados) e quen non faga a ruta completa pero que participen indo directamente a Seara, coordinarase o aloxamento (no Mesón A seara)

RUTA: Sairase dende as inmediaciones do Cebreiro e percorrerase a Serra do Courel de Norte a Sur, durmindo o sábado en A Seara no refuxio da Federacion Galega de Montaña. O domingo ascensión ao Formigueiros, Pia Paxaro cara ao Alto do Boi onde recollera o autobús.

viernes 30 de octubre de 2009

III Open de Escalada A Coruña

Según cita Alex en su magnífico y deportivo blog... el próximo sábado 21 de noviembre se va a realizar en el Rocodromo Municipal de Riazor una Competición de Escalada organizada por miembros de Artabros.

La competición será la guinda de la semana de la montaña que tendrá lugar en A Coruña durante esa misma semana y de la que daremos más datos próximamente. La competición esta abierta a todas las personas, siempre y cuando estén federadas en una modalidad que cubra la escalada (los menores de edad requerirán autorización paterna).

Lugar: Rodocodromo Municipal de Riazor

Hora: 10:30 a.m.

Inscripción: 5 €

- En Artabros (c/ Sta. Teresa, 14 junto al Domus)

- También por teléfono 981213115 (Artabros, de 20h a 22h)

- El día de la prueba en el rocodromo.

Restricciones de acceso: A partir del jueves 19 por la tarde no se podrá acceder a la instalación por el montaje de las vías. El día de la prueba la entrada al rocodromo es libre.

El formato de competición será el siguiente:

- 3 vías clasificatorias a realizar en la modalidad al flash (se permite observar como el equipador u otro escalador realizan la ruta, sin ser necesario estar en una zona de aislamiento durante las clasificaciones) las mismas para categoría masculina y femenina.

- El nº de clasificados para la final dependerá del nº de participantes.

- Habrá una final masculina y otra femenina, la cual constará de una vía a realizar en la modalidad a vista.Saludos.

Sendeiro Circular dos Balcóns do Lérez en Pontevedra

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG